Neda contará neste 2026 cunha achega da Deputación da Coruña para abrir ao público durante a tempada alta a oficina de turismo municipal, situada xunto ao albergue de peregrinos do municipio. A administración local vén de confirmar unha axuda 11.000 euros con este obxectivo.
O Concello será un dos 54 municipios que se beneficiarán da convocatoria de subvencións para concellos ou agrupacións de concellos de menos de 50.000 habitantes. Neda percibirá unha axuda lixeiramente superior ao do ano precedente para financiar “servizos profesionais independentes para a oficina de información turística”.
O servizo resulta esencial para impulsar a promoción do municipio, mellorar a información en destino que reciben os turistas, así como para optimizar a atención prestada aos milleiros de peregrinos que elixen o Camiño Inglés que leva a Santiago. Un colectivo que non deixa de medrar durante as últimas campañas.
Durante o ano 2025, un total de 2.831 persoas pasaron polo punto de recepción ao visitante municipal, que pechaba a mediados de outubro.
O 62 % que se achegaron á caseta na procura de información sobre recursos e servizos foron usuarios do albergue público. Segundo figura na convocatoria, a oficina deberá de abrir un mínimo de catro meses.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.