· A actuación, financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña, contou cun orzamento de preto de 50.000 euros.
O Concello de Camariñas rematou as obras de reparación do pavimento na rúa Carreira. Con esta intervención conclúe unha necesaria mellora nas infraestruturas viarias do municipio, dando resposta ás demandas da veciñanza para garantir a seguridade e a funcionalidade da vía.
A actuación supuxo un investimento total de 48.399,96 euros. O financiamento destas obras levouse a cabo mediante a achega correspondente ao Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña.
Os traballos consistiron na reparación integral e na renovación da capa de rodaxe da rúa Carreira, que presentaba deficiencias debido ao paso do tempo e ao desgaste polo tráfico continuado. Grazas a esta pavimentación, conséguese unha superficie moito máis regular, cómoda e segura.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, sinala que “o mantemento e modernización das rúas e vías de comunicación de todo o termo municipal é unha prioridade”.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.