A artista Carmen Torres inaugurará mañá venres 29 de abril, ás 20:30 horas, a exposición de pintura “Like a rolling stone” na sala de exposicións da Casa da Cultura de Brión. Un acto aberto ao público no que estará acompañada polo alcalde de Brión, José Luís García.
“Like a rolling stone” é unha colección de cadros minimalistas onde os elementos inorgánicos das paisaxes toman o protagonismo. Unha exposición que poderá visitarse na sala de exposicións de Brión ata o vindeiro 20 de maio, en horario de luns a a venres, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Esta será a primeira exposición individual de Carmen Torres en Brión, onde xa estivo presente no 2012 na exposición colectiva “Matinando” e onde participou nas edicións sexta e sétima do certame de pintura Novos Valores, do que chegou a ser finalista no ano 2009.