Esta medida está dirixida aos locais hostaleiros co obxectivo de ensinar a actuar ante feitos desta índole
O Concello de Ribeira segue avanzando en materia de igualdade cunha acción centrada nos locais hostaleiros do municipio para formárense no protocolo de actuación contra as violencias sexuais e lgbtifóbicas en espazos de ocio nocturno.
“Poñemos en marcha unha nova medida que se suma a outras que xa se veñen realizando no noso municipio como son, por exemplo, os puntos violeta, os cales se activan durante eventos festivos, se ben, a formación neste protocolo, permitirá aos locais saber exactamente como actuar fronte a violencias durante o ocio nocturno durante todo o ano”, indica a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro.
A acción formativa desenvolverase en formato online e ten unha duración total de 10 horas: 4 horas en directo (divididas en 2 sesións prácticas) e 6 horas de contido en liña flexible.
O programa céntrase na detección de situacións de violencia sexual e lgbtifóbica; a actuación adecuada ante un caos; a aplicación do protocolo na contorna real do local; e a incorporación de medidas de prevención e mellora da seguridade.Coa finalidade de outorgar maiores facilidades aos locais participantes, as sesións poderanse combinar en distintas quendas para adaptarse á dispoñibilidade de cada un.
Os establecementos que desexen tomar parte desta iniciativa débense poñer en contacto co Centro de Información á Muller (CIM) a través do enderezo electrónico protocoloagresionoff@gmail.com ou do teléfono de contacto 690 635 230.
Ademais da formación, formalizarán a súa incorporación ao Protocolo Agresión OFF.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.