Pintura, xogos e xadrez centran a oferta lúdica
A Casa da Xuventude de Ribeira converterase un fin de semana máis nun fervedoiro de actividades.
No sábado, 11 de abril, de 11.00 a 13.00 horas, haberá clases de pintura para a rapazada da man da Asociación Alfaia, ademais de animacións e xogos dirixidos dentro do proxecto Por fin é finde, de 17.00 a 20.00 horas, impartido pola profesora do curso de monitorado de tempo libre e o propio alumnado.
A mocidade tamén pode usar libremente este espazo como punto de encontro, onde se dispón de xogos de mesa e WiFi. E no domingo, 12 de abril, de 11.00 a 14.00 horas, celebrarase o Campionato da Fase Intercomarcal de Xadrez do Programa Xogade das categorías benxamín, alevín e infantil mixto, da tempada 2025- 2026.
Como explica a concelleira de Mocidade, Carmen Pérez, “seguimos potenciando a Casa da Xuventude como espazo de encontro para a mocidade con variadas propostas que dinamicen o seu ocio, ben sexa apoiando accións doutras entidades como as que promovemos dende o propio Concello como, por exemplo, o programa Por fin é finde!”




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.