Thursday 09 de April de 2026

Un informe municipal desmonta o relato do “bloqueo administrativo” utilizado por Unión por Cambre (UXC) para xustificar a situación á que levou ao Concello de Cambre.


Non era bloqueo: era mala xestión

 

Alternativa sostén que o documento desminte o relato político que UxC construíu durante meses para xustificar a súa mala xestión política ao fronte do goberno municipal.
Segundo recolle o documento, a problemática actual non deriba dun suposto bloqueo administrativo alleo á acción do goberno, senón dunha acumulación de incumprimientos na contratación pública, da ausencia de licitacións obrigatorias e da continuidade de servizos e subministracións sen os expedientes correspondentes.
O propio informe chega a cualificar de “deficiente utilización dos fondos públicos destinados á contratación” e advirte dunha xestión contraria ás normas e principios básicos da contratación administrativa.
Dende Alternativa lembran que UxC derivou toda a responsabilidade da situación nas habilitadas nacionais, trasladando este relato interesado e sesgado a entidades, empresas e veciñanza.
O grupo subliña que, tras 10 anos de goberno, UxC lonxe de avanzar na regularización da contración municipal, mantívose e agravou unha estructura administrativa en precario, que hoxe continúa a condicionar o funcionamento do Concello.
Alternativa considera que o documento reforza a necesidade de abordar unha regularización profunda da estructura contractual e administrativa municipal e volve a insistir en que todas as forzas políticas deberían traballar nesta dirección.
“O foco dos grupos debe estar en reconstruír administrativamente o Concello, pero tamén en dicir a verdade á veciñanza. E este informe non da lugar a dúbidas do que pasou.” Sinala Raúl Varela, voceiro do grupo.

Deja un comentario