• “Non podemos compartir parte das propostas de modificación de topónimos no concello de Paderne porque carecen de xustificación, xeran un profundo malestar na veciñanza e uns importantes inconvintes nas notificación aos domicilios”, sinala o alcalde, Sergio Platas.
• Solicítase manter San Pantaleón como nome oficial desta parroquia, así como se amosa rexeitamento respecto das novas formas propostas de ‘O Porto’ e ‘A Feira do Vintesete’.
O goberno local critica a falta de resposta da Secretaría Xeral da Lingua, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, ante as alegacións presentadas pola afección no cambio de topónimos no municipio.
Concretamente, solicitouse a pasada semana manter San Pantaleón como nome oficial desta parroquia, no canto de ‘San Pantaión’, tal e como se propón desde o organismo autonómico. Á súa vez, amósase rexeitamente respecto das novas propostas de ‘O Porto’ e ‘A Feira do Vintesete’ para referirse ás actuáis ‘Porto de Abaixo’ e ‘O Vintesete’ respectivamente.
O alcalde, Sergio Platas, sinalou que “non podemos compartir parte das propostas de modificación de topónimos no concello de Paderne porque carecen de xustificación, xeran un profundo malestar na veciñanza e uns importantes inconvintes nas notificación aos domicilios da veciñanza”, advirte o rexedor.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.