Practicaron resistencia, forza, salto e mobilidade
Máis de 190 estudantes de 3° a 6° curso de Primaria do CEIP O Grupo practicaron hoxe deporte dentro do proxecto Phoenix Kids by Javier Gómez Noya que promove a actividade física e o triatlón entre os máis pequenos.
Parte do equipo, co atletla Víctor Riobó á cabeza, insistiu coa rapazada na importancia de levar un estilo de vida saudable e examinaron as súas aptitudes deportivas con catro probas.
Segundo os resultados obtidos, o alumnado recibía nocións sobre os deportes cos que máis concordarían: resistencia (atletismo, marcha, natación e ciclismo); forza (lanzamento de martelo, lanzamento de disco, lanzamento de peso e halterofilia); salto (salto de altura, salto de lonxitude, salto de pértega e triplo santo) e mobilidade (boxeo, golf, basket e tennis).
O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e a súa homóloga de Educación, Nucha Brión, achegáronse para comprobar o desenvolvemento desta iniciativa que une deporte e educación.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.