Wednesday 08 de April de 2026

Sirves celebrará as festas na honra dos Dolores nesta fin de semana


 O Concello de Ribeira apoia estes festexos da parroquia de Olveira

A festa dos Dolores celebrarase en Sirves nesta fin de semana cunha programación na que a música terá un gran peso. O Concello de Ribeira colabora coa comisión de festas para que o ambiente festivo impere neste lugar da parroquia de Olveira.
“Reafirmamos o noso apoio ás comisións de festas que operan no noso municipio polo labor desinteresado que fan para dinamizar as distintas parroquias e lugares da nosa xeografía”, manifesta o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, na compaña do presidente da comisión, José Martínez, e do vogal, Aitor Riesco.

A celebración comezará no sábado, 11 de abril, coa verbena a cargo de JB Son e Planet Discomovil con DJ Machito, a partir das 23.00 horas, na explanada do polideportivo, para continuar coas actividades no domingo,12 de abril, cando se concentrará o groso do programa. Tahúme anunciará o inicio da xornada, ás 10.00 horas, coas dianas e alboradas para, ás 13.00 horas, asistir á misa solemne. Despois tocará desfrutar da sesión vermú amenizada por Os Bugis e inchables de YumiYai Park.

Deja un comentario