• Case a metade dos recibos están domiciliados
• O período voluntario de cobro está aberto ata o 29 de maio
O Concello de Carballo ten ao cobro os padróns fiscais correspondentes ao imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) e ás taxas pola recollida do lixo de vivendas, vaos e reserva de estacionamento. En total, 46.982 recibos emitidos por un importe global de 3,39 millóns de euros.
O 47,31% dos recibos, máis de 21.200, xa están domiciliados, o que permite un pagamento máis áxil e cómodo para a cidadanía. O resto, algo máis da metade, deberán ser aboados dentro do período voluntario establecido, que está aberto ata o 29 de maio.
Durante este tempo, os contribuíntes poderán efectuar o pagamento a través das entidades bancarias colaboradoras, mediante banca electrónica ou na pasarela de pagos da web municipal.
Cifras por tributos:
• IVTM: 1.619.212,27 € correspondentes a 30.716 recibos.
• Lixo (vivendas): 1.661.319,14 € por 18.650 recibos.
• Vaos e reservas de estacionamento: 112.058,75 € en 2.105 recibos.
Os recibos domiciliados cargaranse automaticamente a partir do 8 de abril, mentres que quen desexe domiciliar novos recibos poderá facelo ata o 6 de abril .
Lembramos que unha vez rematado o prazo voluntario iniciarase o período executivo, co conseguinte incremento da débeda mediante recargos e xuros conforme á normativa tributaria.
O Concello enviou por correo postal un total de 14.353 cartas de pagamento para recibos non domiciliados e 11.946 cartas informativas para os domiciliados. No caso de non recibilas, os interesados poden acudir á oficina de Recadación (mercado municipal, planta soto) de 09:00 a 14:00 horas.
Máis información https://carballo.gal/avisos/aberto-ata-o-29-de-maio-o-periodo-voluntario-para-pagar-os-recibos-de-lixo-vaos-e-vehiculos/


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.