· Realizarase na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler o vindeiro 8 de abril, no marco dos Días Europeos da Artesanía
· As persoas interesadas débense inscribir previamente enviando un correo a comercial@raposinhas.com
A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler acollerá o vindeiro 8 de abril un taller de cerámica impartido pola artesá Loaira Pérez, do Obradoiro Raposiñas.
O taller, aberto a todos os públicos, desenvolverase en dúas quendas, ás 17.00 e ás 18.30 horas, cunha capacidade limitada de 10 persoas por sesión, o que permitirá unha experiencia próxima e personalizada.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico a comercial@raposinhas.com ata completar as prazas dispoñibles.
Esta actividade forma parte da programación dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa que ten como obxectivo dar visibilidade aos talleres locais e dinamizar os centros culturais da comarca.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.