Viaxes e cancións dos ratos de Lonxedetodo, de Trinke Trinke fará as ledicias de todas as familias asistentes ao espectáculo que terá lugar no auditorio do Centro Cultural A Fábrica (Perillo) o domingo 12 de abril ás 12:00 horas.
Viaxes e cancións dos Ratos de Lonxedetodo é un espectáculo teatral, un contacontos realizado polo rato Fuco, que chegará á Fabrica para cantar e contar contos ás familias do Apego.
A actividade está dirixida a familias con crianzas maiores de 3 anos.
As inscricións poderán realizarse a través do formulario web habilitado ao efecto a partir do martes 7 de abril. Terán preferencia as familias inscritas no programa Apego do Concello de Oleiros.
Máis información no Servizo de Normalización Lingüística municipal.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.