Tuesday 07 de April de 2026

O Concello de Lousame organiza un obradoiro infantil gratuíto para facer origamis, collages e marcapáxinas


O Concello de Lousame, en colaboración co programa Ler conta moito, organiza o obradoiro cultural “A volta ao mundo en papel: collage, origami e marcapáxinas”. Un taller impartido por Slowly Atelier dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos de idade, que deberán anotarse en bandoticket.com.

Un obradoiro no que a lectura convértese nun convite a viaxar por outros lugares e culturas a través do papel. Así, a partir de textos breves, a rapazada explorará historias do mundo, creando marcapáxinas propios e pezas sinxelas de origamis (técnica xaponesa para elaborar figuras de papel pregando a folla, sen necesidade de tesoiras nin pegamento).

“Trátase dunha proposta participativa que fomenta a imaxinación, a diversidade e o gusto pola lectura desde idades temperás, polo que convidamos a toda a rapazada de Lousame a participar”, apunta Silvia Agrafojo, concelleira de Cultura. O obradoiro impartirase este venres 10 de abril, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Lousame.

Deja un comentario