As persoas interesadas en participar no XXXVI Tríatlon do Concello de Oleiros poden inscribirse na competición desde o ata o 27 de abril. Para tramitar a solicitude, os deportistas poderán acceder a través da web municipal.
Esta carreira está programada para o vindeiro sábado día 9 de maio, ás 16:00 horas, e como nos anos anteriores terá lugar na localidade de Mera. Nesta proba poden participar todos os deportistas federados na Federación Galega de Tríatlon e aquelas persoas que fagan licenza dun día. Para todas as categorías a distancia será de 750 m de natación, 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé.
INSCRICIÓNS: https://ccnorte.com/evento/detalle/id/3279/xxxvi-triatlon-concello-de-oleiros




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.