Tuesday 07 de April de 2026

Presentadas 57 propostas aos Concursos de Ideas da Xunta para a construción de vivenda pública en Salgueiriños, en Santiago, e Elviña na Coruña


― Prevese a construción de 224 vivendas pública en Santiago e 318 na Coruña, así como dúas residencias xuvenís de 150 prazas cada unha

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu un total de 57 propostas para os concursos de ideas para a urbanización e construción de 224 vivendas de promoción pública en Salgueiriños (Santiago de Compostela) e 318 en Elviña (A Coruña).
Das 57 propostas recibidas, 40 corresponden ao concurso de ideas de Salgueiriños e 17 ao de Elviña.
Con estes concursos de ideas, licitados por un importe total de preto de 4,8 M€, a Xunta seleccionará os proxectos que permitan ordenar urbanísticamente e urbanizar os dous ámbitos, que serán destinados á construción de vivendas de promoción pública e residencias xuvenís, así como a aloxamentos compartidos para menores de 36 anos no caso da Coruña.
224 vivendas de promoción pública en Santiago
En Santiago, a Xunta prevé construír 224 vivendas de promoción pública e unha residencia xuvenil de 150 prazas nunha parcela de 11.013 metros cadrados da súa propiedade emprazada en Salgueiriños.

O gañador do concurso encargarase da redacción da proposta de nova ordenación da parcela a través dun Proxecto de Interese Autonómico (PIA), da redacción dos proxectos de urbanización e de edificación das vivendas de promoción pública e da redacción do anteproxecto da residencia xuvenil.

318 vivendas de promoción pública na Coruña
Polo que respecta á Coruña, construiranse 168 vivendas de promoción pública, 150 aloxamentos compartidos para menores de 36 anos e unha residencia xuvenil de 150 prazas, que se asentarán sobre unha parcela de 38.000 metros cadrados propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) emprazada no campus universitario de Elviña.

Nos dous casos, o IGVS encargase dos traballos de ordenación e urbanización dos ámbitos e, xunto coa Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), da construción das vivendas e aloxam.entos compartidos, mentres que a construción das residencias xuvenís será realizada pola consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Deja un comentario