Tuesday 07 de April de 2026

Continúan os bailes para maiores, este sábado en Santa Cruz


De Baile en Baile é o nome dun novo programa cultural e de convivencia entre persoas maiores que se consolida como referente de festa e ocio activo. Os bailes celebraranse os sábados pola tarde nas distintas casas do pobo.

Este sábado 11 de abril, de 17.00 a 20.00 horas, terá lugar un novo baile no Centro Cívico de Santa Cruz (rúa Ricardo Cubeiro). Amenizará a tarde a solista Begoña García.

Este ano incorpórase un servizo de recepción e acompañamento das persoas participantes, para cubrir calquera circunstancia que puidese acontecer.

Deja un comentario