Friday 22 de November de 2024

Ordes conmemora este venres o Día Internacional da Danza


Sementes da Arte realizará un ensaio con música en vivo na mesma entrada do Museo do Traxe, que celebrará tamén unha tarde de portas abertas

Co gallo do Día Internacional da Danza, que terá lugar este vindeiro venres 29 de abril, o Museo do Traxe Juanjo Liñares convida a todos os veciños e veciñas a asistir ao ensaio que a Agrupación Folclórico-Cultural Sementes da Arte realizará no seu exterior. A cita está posta para as 20 horas, contando con música en vivo e abríndose á participación dos e das que queiran botar unha baila. Ademais o museo tamén levará a cabo unha tarde de portas abertas para todas e todos os que queiran facer un percorrido polo museo.

Deste xeito quérese honrar tributo á profesión e á dedicación que o gran coreógrafo e bailarín ordense desempeñou ao longo de toda a súa vida. Para isto únense os seus dous legados máis importantes, o Museo do Traxe e a dita agrupación folclórica fundada no ano 1970.