Monday 06 de April de 2026

Preto de 900 deportistas daranse cita na Pobra co Campionato Galego de Bateis


• As eliminatorias terán lugar o sábado, 11 de abril, e as finais o domingo, día 12

A Pobra do Caramiñal converterase esta fin de semana, os días 11 e 12 de abril, na capital do remo galego coa celebración do Campionato Galego de Bateis, unha das citas máis destacadas do calendario autonómico.

O evento reunirá preto de 900 deportistas procedentes de máis de 20 clubs de toda Galicia, que competirán en 12 categorías (6 femininas e 6 masculinas): alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub-23 e absoluto.

As eliminatorias disputaranse o sábado, 11 de abril, mentres que as finais terán lugar o domingo 12, nunha xornada decisiva.

A presentación oficial do campionato tivo lugar hoxe coa participación do alcalde e concelleiro de Deportes, José Carlos Vidal, o secretario xeral para o Deporte, Roberto García, e o presidente do Club Remo Puebla, Emilio Dieste.

Durante a súa intervención, o rexedor destacou a importancia de acoller un evento desta magnitude “para nós sempre é un orgullo acoller unha competición deste nivel e demostrar, unha vez máis, que A Pobra é un enclave privilexiado para a práctica do remo e un punto de encontro para os mellores e as mellores deportistas da comunidade”.

Deja un comentario