Sunday 24 de November de 2024

Novo ‘Sábado de portas abertas do Goberno Local’ no Concello de Ordes


Esta fin de semana os veciños e veciñas de Ordes volverán ter ocasión de reunirse co alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, grazas a unha nova convocatoria dos chamados ‘Sábados de portas abertas do Goberno Local’. Tanto o rexedor como varios dos seus concelleiros estarán novamente á disposición no mesmo Concello dende as 10 horas. Alí poderán expoñerlles as súas consultas, suxestións ou queixas.

Con esta medida preténdese manter o contacto directo con aquelas persoas que, pola súa axenda laboral ou motivos persoais, non poden acudir no horario establecido ao longo da semana.

A dita iniciativa conta cunha grande aceptación por parte da cidadanía, sendo moitos e moitas os que participan dela. Aínda que non é necesario comunicalo previamente quen desexe concertar cita pode facelo chamando ao 981680002 extensión 2.