Monday 06 de April de 2026

A Pobra acollerá a X Gala do Certame de Curtas Alberto Romero


· O acto terá lugar o vindeiro 25 de abril no Teatro Cine Elma

A Pobra do Caramiñal acollerá a X Gala do Certame de Curtas Alberto Romero, que terá lugar o vindeiro 25 de abril no Teatro Cine Elma.

O evento contará coa entrega de premios ás curtas galardoadas, así como a proxección destas obras nunha velada que combinará cine, música e humor. A gala estará presentada por Vanesa Ordóñez e Emilio Palmeira, e contará coas actuacións de Thais Suki, Helena Figueiras, José Andrés Mariño, Juan Ciego e Daniel Martís. Ademais, haberá diferentes convidados sorpresa que se desvelarán durante o propio evento.

A gala poderase seguir en directo a través de Canal Barbanza e a través da canle de Facebook da Asociación Alberto Romero.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, sinalou que é “todo un orgullo” acoller este evento “no ano no que se cumpre unha década dende a primeira edición, mostra do crecente recoñecemento que foi gañando nestes anos” e animou á veciñanza “a participar nesta iniciativa que pon en valor o talento audiovisual e a memoria dunha figura moi querida na comarca”.

Deja un comentario