O Concello de Ortigueira e o de Vélez Rubio (Almería) selaron o pasado xoves 2 de abril, en plena Semana Santa, o seu irmandamento. Os dous territorios comparten historia, xa que o municipio galego é a localidade de orixe de antepasados do Marqués dos Vélez.
O acto de firma tivo lugar no Salón de Plenos coa presenza do alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, así como o Cronista Oficial, Carlos Breixo. Ambos se desprazaron a Vélez Rubio, capital da comarca dos Vélez, para asistir ao acto oficial de irmandamento entre as localidades.
Previamente esta unión entre pobos fora proposta en pleno polo alcalde de Vélez Rubio, Miguel Martínez-Carlón Marchou.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, asinou no libro de honra do municipio almeriense.
O vínculo histórico entre ambos os concellos queda reflectido mesmo en símbolos como os escudos das localidades que son practicamente idénticos e evidencian unha conexión que vén de lonxe.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.