Monday 06 de April de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participa nos actos de peche da Semana Santa Coruñesa


O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou hoxe nos actos de peche da Semana Santa coruñesa, asistindo á procesión de Jesús Resucitado e Nosa Sra. da Esperanza, un acto con fonda tradición na cidade.

 

Miguel Corgos acompañou a imaxe de Jesús Resucitado desde o templo da Orde 3ª, na praza de San Carlos ata a Praza de María Pita, onde as dúas imaxes se atopan para facer despois o camiño inverso e volver aos seus templos, pechando así unha das procesións con máis arraigo na Coruña, organizada pola Franciscana e Seráfica Confraría da Nosa Señora da Soidade e Santo Enterro.

Deja un comentario