Alternativa dos Veciños demandou durante a sesión plenaria actuacións de mellora na contorna da Igrexa do Burgo, ante o estado xeral de deterioro e falta de mantemento do espazo.
O executivo local asumiu a demanda formulada por Alternativa recoñecendo a situación de mal estado xeral, tanto no que repecta ao mobiliario urbano como á área infantil, que precisan dunha intervención que permita recuperar a imaxe e funcionalidade do lugar.
Desde Alternativa subliñan que se trata dun eclave de especial relevancia para o municipio, tanto polo valor histórico e patrimonial da Igrexa do Burgo como pola súa localización nun punto de paso do Camiño de Santiago, o que lle outorga tamen un interese turístico destacado.
Alternativa defende que os espazos máis representativos do municipio deben de contar cun mantemento e atención axeitados acorde á súa importancia.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.