Alternativa dos Veciños demandou no pleno unha maior visibilidade nos medios municipais para as actividades impulsadas polo tecido asociativo do municipio.
O goberno municipal aceptou a proposta da creación dun protocolo homoxéneo e accesible para que todas as entidades e asociacións que o precisen poidan difundir as súas actividades a través dos canais de comunicación do Concello.
No contexto actual, o asociocianismo cambrés está a exercer como un dos principais motores da vida social, cultural e comunitaria do municipio, especialmente ante a falta do programa municipal de actividades.
Desde Alternativa subliñan que está é unha medida sinxela, con baixo uso de recursos e facilmente aplicable que pode contribuír de maneira directa ao fortalecemento do tecido asociativo local e á dinamización da vida comunicatira en Cambre.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.