Alternativa dos Veciños volve a denunciar o uso impropio e partidista dos medios de comunicación municipais, nesta ocasión á raíz da información difundida polo concello de Cambre sobre a actuación que a Xunta de Galicia está a executar na AC-214.
O grupo considera especialmente grave que se empreguen canles institucionais para presentar como unha suposta “cooperación entre Concello e Xunta para mellorar a seguridade viaria” unha actuación que é compentencia exclusiva da administración autonómica e que foi demandada durante anos pola veciñanza e por diferentes grupos políticos.
Alternativa critica que este tipo de publicacións distorsionan a realidade, desvirtúan o carácter institucional dos medios públicos e contribúen a confundir á veciñana cun relato interesado ao servizo da imaxe do goberno municipal.
Non é a primeira vez que Alternativa denuncia este tipo de práctica e insiste en que os medios municipais deben empregarse exclusivamente para ofrecer información pública útil, obxectiva e sen manipulación política nin usos propagandísticos. E reitera que seguirá fiscalizando este tipo de comportamentos. “Cada forza política dispón dos seus canais para facer valoracións, difundir posicionamentos ou atríbuirse méritos.”




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.