Sunday 29 de March de 2026

O Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamom adscrito recibe un permio pola súa implicación na cooperación internacional


O CFEA, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de ser recoñecido pola Fundación Loyola Galicia pola súa participación nun proxecto educativo de desenvolvemento agrícola en Mozambique

A Coruña, 28 de marzo de 2026.- O Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Guísamo, adscrito á Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, vén de recibir un premio da Fundación Loyola Galicia pola súa implicación nun proxecto de desenvolvemento agrícola en Mozambique. O acto de entrega do galardón tivo lugar dentro do programa do festival solidario Fitas de Vento, no Auditorio Sede Afundación.

Deste xeito recoñécese a participación deste CFEA no proxecto educativo ESIL-AGRO Msaladzi-Tzangnao-Mozambique, que está a obter un impacto moi positivo na comunidade local mozambiqueña. Así, o centro de Guísamo desenvolveu o asesoramento, acompañamento e formación teórica e práctica dun docente do colexio de ensino secundario ESIL do devandito país africano, durante a súa estadía de dous meses na Coruña no ano 2023.

Ao longo deste período, o profesor tivo a oportunidade de participar en diversas actividades formativas no ámbito da produción agraria ecolóxica e en cursos e accións do Plan de formación continua para o agro galego que se desenvolve desde a Consellería do Medio Rural.

Deja un comentario