Á venda as últimas entradas para a súa actuación do sábado 7 e para a do venres 6
A Coruña acollerá dous concertos consecutivos de Vetusta Morla, o venres 6 e sábado 7 de novembro de 2026 na súa esperada xira de regreso ‘Gira de vuelta. Canciones de ida’. Este xoves ás 12.00 horas abriuse a venda xeral de entradas tanto para a súa actuación do sábado 7 como para a nova data, o venres 6 de novembro. A alta demanda de entradas para a primeira data confirmada posibilitou a celebración dunha segunda actuación.
“A Coruña volve a acoller en exclusiva en Galicia un dos grandes concertos do ano a nivel nacional, o que confirma que somos a gran potencia cultural do noroeste, con capacidade para grandes eventos musicais”, indicou Inés Rey, alcaldesa da Coruña. Vetusta Morla regresará por partida dobre á cidade logo do seu histórico concerto na praia de Riazor no ano 2024, no que reuniu a máis de 50.000 persoas como cabezas de cartel do Festival Noroeste Estrella Galicia.
De cara a este 2026, a programación musical do Coliseum conta xa con 28 eventos musicais anunciados, aos que hai que sumar os eventos deportivos xa confirmados do Básquet Coruña. As citas programadas son: Eladio Carrión (29 de xaneiro), Amaia (31 de xaneiro), Mikel Izal (7 de febreiro), Amaral (21 de febreiro), Hijos de la Ruina (17 de abril), Viva Suecia (18 de abril), OT (19 de abril), Rodrigo Cuevas (30 de abril), Dani Fernández (2 de maio), Iván Ferreiro (9 de maio), Dani Martín (15 e 16 de maio), Bad Gyal (23 de maio), Megadeth (27 de maio), La Reina del Flow (27 de xuño), Pablo Alborán (4 de xullo), Carlos Rivera (10 de xullo), Yandel Sinfónico (12 de xullo), Aitana (22 de xullo), La Oreja de Van Gogh (11 e 12 de setembro), Antonio Orozco (3 de outubro), Tanxugueiras (17 de outubro), Vetusta Morla (6 e 7 de novembro), Melendi (13 e 14 de novembro), Bryan Adams (16 de novembro), Raphael (21 de novembro), Hombres G (5 de decembro) e Carolina Durante (12 de decembro).



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.