Thursday 26 de March de 2026

Finalización do curso de cociña do PIE 2025-2026


Unhas 15 persoas fórmanse en cociña a través do Programa Integrado de Emprego de Ribeira

Ribeira continúa achegando formación ao cento de persoas participantes no Programa Integrado de Emprego de Ribeira, cun compromiso de inserción laboral do 45%. A alcaldesa, María Sampedro, e a concelleira de Promoción Económica, Carmen Sampedro, participaron na entrega de diplomas ás 15 persoas participantes no curso de aplicación de fundamentos básicos en cociña, de 60 horas. Despois procedeuse cunha degustación con representantes da hostalaría local para probar os resultados da acción formativa. Esta terceira edición está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Deja un comentario