· O proxecto conta cun orzamento de 65.000 euros, cofinanciados entre o Concello e a Xunta a través do AGADER.
· Tras ampliar o ancho da vía en determinados tramos e construír un novo sistema de drenaxe, agora estase a renovar o firme.
O Concello de Camariñas está a piques de finalizar as obras de mellora e asfaltado do camiño municipal de Borreiros, na parroquia de Xaviña. Trátase dunha actuación que renova este viario de acceso a parcelas agrícolas, mellorando a súa seguridade e accesibilidade. O proxecto conta cun orzamento de 65.000 euros, cofinanciados entre o Concello e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
Os traballos incluiron nunha primeira fase o desbroce e limpeza dos marxes, a ampliación do ancho da vía en determinados tramos, e a construción dun sistema de drenaxe e recollida de augas pluviais. Agora procederase á renovación do firme con aglomerado asfáltico en quente. A actuación completarase coa correspondente sinalización horizontal.
“Este camiño atopábase moi deteriorado, con fochancas, estreitamentos e problemas de escorrentía. Con esta obra buscamos dar unha resposta ás necesidades da veciñanza de Xaviña, garantindo un acceso en condicións e máis seguro”, sinalan desde o goberno local.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.