Wednesday 25 de March de 2026

Os locais de ensaio, a pleno


Alternativa solicitará no pleno información sobre o uso actual dos locais de ensaio municipais, así como sobre a súa xestión e o rexistro de incidencias.

Estas instalacións naceron inicialmete orientadas á mocidade, aínda que na actualidade acollen persoas de diferentes xeracións, favorecendo a convivencia e o intercambio cultural.
O grupo destaca que se trata dun dos espazos de referencia para a creación cultural no municipio e sinala que a diversidade de persoas usuarias contribúe a xerar un ámbito de participación que debe ser coidado, pero tamén potenciado.

Deja un comentario