Susana López Abella, acompañada do vicereitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodriguez e da responsable da Unidade de Igualdade da UVigo, Anabel González, asistiu esta mañá á presentación da Exposición das galardoadas co Premio María Josefa Wonenburger
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reiterou a necesidade de visibilizar as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía.
Susana López Abella, acompañada do vicereitor do Campus de Ourense Virxilio Rodriguez e da responsable da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Anabel González, participou na inauguración da Exposición de Premiadas Josefa Wonenburger, onde lembrou que a Xunta creou un premio, o Premio María Josefa Wonenburger, para distinguir a aquelas mulleres galegas con traxectorias notables nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, un compromiso asumido por parte do Goberno galego dende a Secretaría Xeral da Igualdade.
A titular de Igualdade destacou que a visibilización da actividade desta muller e do seu triunfo é unha combinación gañadora, por iso debese seguir recoñecendo ás mulleres científicas de Galicia, mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras. Polo que dende o Goberno galego considerase prioritario incrementar a presenza da muller nos ámbitos científicos e tecnolóxico de Galicia, pois unha maior presenza de mulleres na investigación contribuiría a enriquecer a actividade científica coa achega de novos temas e perspectivas.
Posteriormente, a exposición pasará polo campus de Vigo, do 12 ao 26 de maio; polo campus de Pontevedra, do 30 de maio ao 13 de xuño; e finalmente estará no campus de Santiago do 15 ao 30 de xuño.