Wednesday 25 de March de 2026

Ribeira inaugura a primeira edición das súas Xornadas Históricas falando de Lustres Rivas


 

Ao abeiro da programación polo 120 aniversario da concesión do título de cidade a Ribeira, o Concello organiza a primeira edición das Xornadas Históricas que afonda en sucesos e persoeiros do municipio. A alcaldesa, María Sampedro, participou hoxe na inauguración coa conferencia da man do cronista oficial Xosé María Fernández Pazos sobre Manuel Lustres Rivas, mestre de xornalistas e referente do galeguismo ribeirense. Tamén se exhibe por primeira vez en Ribeira unha maqueta do vapor-correo Santa Isabel feita por José Antonio Barreiro. Os coloquios continúan ata o venres 27, ás 19.00 horas, na sala polivalente do novo Auditorio municipal.

Deja un comentario