Esta mañá no Viveiro de Empresas do Concello de Porto do Son, alumnado e docentes da formación de Restaurante e Bar, impulsada pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, recibiron a benvida e folgos por parte da tenente de alcalde do Concello de Porto do Son, María José Maroñas.
Durante o evento tamén estiveron presentes Milagros Rey, presidenta de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral, e Jessica Estevez, técnica de emprego de Ambar.
Nesta xornada, o alumnado e o seu formador, Pablo Pouso, compartiron a súa motivación e a ilusión por este novo curso no que se formarán para realizar funcións de auxiliar de camareiro/a, axudante de bar, auxiliar de colectividades e empregados/as de establecementos de restauración.
Esta formación está cofinanciada pola Fundación ONCE e polo Fondo Social Europeo (FSE) a través da Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” no marco do Programa FSE+ de Inclusión Social (PIN) – Ano 2025-2026.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.