Monday 23 de March de 2026

Arrincan as actuacións en Taramuño tras as demandas de Alternativa


Alternativa dos Veciños, xunto coa veciñanza, denunciou en reiteradas ocasións os graves problemas de inundacións na estrada DP-2106, ao seu paso polo lugar de Taramuño (San Vicente de Vigo), provocados polo mal estado e a falta de mantemento das cunetas.

A insistencia nas demandas tradúcese agora no inicio das actuacións destinadas a solucionar esta problemática, unha situación que afectaba recorrentemente á zona.

Dende Alternativa valoran positivamente a intervención impulsada pola Deputación de A Coruña, que permitirá dar resposta á problemática veciñal trasladada polo grupo nos últimos meses.

Deja un comentario