Alternativa dos Veciños convida á veciñanza a participar nas asembleas abertas que se celebrarán nas distintas parroquias do municipio ao longo do mes de marzo, co obxectivo de escoitar e informar á veciñanza.
O grupo recollerá as inquedanzas da veciñanza e informará da situación actual do Concello.
A veciñanza aínda pode asistir aos diferentes encontros que se realizarán no municipio:
• Paleo: 27/3/2026 en Toñito Espiñeira ás 20 horas.
• A Cabra: 28/3/2026 no Local Social ás 12 horas.
• San Vicente de Vigo: 28/3/2026 no Local Social ás 20 horas.
• Cañás: 29/3/2026 no Local Social ás 20 horas.
A iniciativa de Alternativa está permitindo recoller as necesidades e da veciñanza para demandalas ao executivo local e explicará as obras que se están actualmente en execución no municipio, xa que son as aprobadas durante o seu período de goberno.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.