Monday 23 de March de 2026

Caos circulatorio á vista nos accesos á cidade


As necesarias obras no acceso ao CHUAC evidencian, unha vez máis, a urxencia de ampliar a ponte da Pasaxe ou prolongar a Vía Ártabra ata a AP-9 e a A-6

Acceder á Coruña entre o luns e o mércores da próxima semana poder ser un auténtico calvario. A estrada das Xubias vai estar cortada polas obras de demolición do viaduto de acceso ao CHUAC. Todo o tráfico de entrada e saída da cidade terá que ser por Alfonso Molina.

Se en condicións “normais” calquera día que hai un mínimo un accidente se producen uns colapsos circulatorios descomunais, que non poderá suceder coa estrada das Xubias pechada? Como será circular pola rotonda de Matogrande (tendo en conta que o ramal de San Cristóbal de acceso a Alfonso Molina estará pechado)?

Todo isto volve poñer de manifesto o que levamos décadas reclamando: a necesidade de mellorar os accesos viarios á cidade. Ampliación da ponte Pasaxe, Alfonso Molina, conexión da Vía Ártabra ata a AP-9 e a A-6, Vial 18, Cuarta Ronda…

Deja un comentario