Sunday 22 de March de 2026

O mercado de Carballo premia a fidelidade da súa clientela coa entrega de carriños da compra


O mercado municipal de Carballo viviu hoxe unha xornada especial coincidindo coa tradicional feira dominical. No marco do Plan anual de dinamización, procedeuse á entrega dos dez carriños da compra sorteados durante este mes de marzo, unha campaña que tivo como obxectivo principal poñer en valor a figura das persoas consumidoras que apostan polo produto local.
O acto contou coa presenza do concelleiro de Feiras e Mercados, Ramón Varela, e da presidenta da asociación de praceiros “A Praza”, Ángeles Bello. Ambos destacaron a importancia de incentivar as compras no mercado non só pola calidade do produto, senón pola sustentabilidade que supón o uso do carriño fronte ás bolsas de plástico.
Aínda que hoxe foron seis os premiados que recolleron o seu agasallo, os catro gañadores restantes que non puideron asistir poderán facelo ao longo dos vindeiros días nas instalacións do mercado.
Próximas actividades
Desde a organización xa se mira cara ao mes de abril, onde a programación de dinamización virará arredor de dous eixos fundamentais: a celebración da Pascua e a promoción da saúde, con novas iniciativas para seguir dinamizando un dos motores económicos e sociais de Carballo.

Deja un comentario