A obra, que promocionou o turismo na cidade con estética de western, foi protagonizada por Xosé Antonio Touriñán e Javier Veiga
Onte, na cerimonia dos premios Mestre Mateo, o máximo galardón do audiovisual galego, o Concello gañou na categoría “Mellor spot publicitario” co seu vídeo promocional “Ao Noroeste do Oeste”, estreado na edición de Fitur do ano pasado e protagonizado por os actores Javier Veiga e Xosé Antonio Touriñán.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, recolleu o premio en representación do Goberno de Inés Rey. “Máis aló da estética e da creación artística, o ámbito audiovisual ten unha obrigación ética de trasladar mensaxes que non por obvios deixan de ser necesarios.
Na Coruña ninguén é forasteiro e combatemos a intolerancia. Iso é o que traslada de forma xenial o noso spot”, apuntou no seu discurso de agradecemento.
“Ao Noroeste do Oeste” tivo unha gran aceptación no seu lanzamento, acumulando milleiros de reproduccións nas diferentes redes sociais do Concello. Tamén dirixido e escrito polo coprotagonista Javier Veiga, a historia segue a un vaqueiro que chega a terras coruñesas e atópase coa hospitalidade dun tabernero que lle ensina os segredos da gastronomía local e da cidade.
O spot deste ano, “Coruña Vadis”, tamén foi protagonizado por Touriñán e Veiga, e retoma a idea de poñer de relevo os atractivos turísticos da cidade pero nesta ocasión con ambientación na antiga Roma, remontándose aos tempos da construción da Torre de Hércules, o faro en funcionamento máis antigo do mundo.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.