A través do Grupo Municipal presentará no próximo Pleno unha serie de preguntas relativas aos custos anuais do seu funcionamento.
O Partido Popular de Oleiros quere saber cal será o custo anual estimado de xestión e funcionamento do novo multiusos que se está terminando en Bastiagueiro.
A infraestrutura, cuxo proxecto xa foi obxecto de varias modificacións de obra que dispararon o investimento municipal por encima dos dezaseis millóns de euros —isto sen contar o prezo do terreo onde foi levantada—, anuncia, unha vez terminada, uns custos de funcionamento que lastrarán as arcas municipais.
Cando, en materia de mantemento de todas as infraestruturas públicas municipais, o Concello de Oleiros destaca precisamente pola falta do mesmo, o Partido Popular augura o peor.
Así, desde o Grupo Popular preguntarán polos gastos de persoal —conserxería, mantemento, técnicos, dirección— e os de limpeza e seguridade.
Especialmente, sobre se hai unha estimación do gasto que supoñerán as subministracións básicas —electricidade, auga—, o mantemento ordinario, así como o mantemento especializado —climatización, ascensores, sistemas técnicos— e os seguros.
Dada a chapuza que foi todo o percorrido desta obra desde que, xa hai anos, declarouse a intención de executala, cos escandalosos sobrecustos, sorpresas na cimentación, ampliación do número de prazas, escaseza de espazos de aparcamento e demais problemas habidos, non nos estrañaría en absoluto que todo o pensado, determinado ou estudado para a súa xestión e funcionamento désenos novas sorpresas.
“Queremos saber”, declarou Dolores Silva, voceiro municipal do GPP.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.