Saturday 21 de March de 2026

Neda acollía hoxe a andaina saudable “Avanzando en igualdade”


Un total de setenta persoas sumáronse nesta solleira mañá de sábado a andaina saudable, incluída polo Concello de Neda na programación municipal do 8M. Unha proposta de lecer activo, baixo o lema “Avanzando en igualdade”, que levou aos participantes, que saíron de Albarón, a percorrer a beira do río Belelle ata o Roxal, para seguir logo por Gandarela, subir ata Ardá e, dende esta zona, iniciar o descenso cara ao punto de partida, pasando por Alcallás, Escorial e a Mourela do Medio. En total, preto de 7,5 quilómetros para comezar da mellor forma posible a fin de semana. A actividade contou co apoio da Agrupación de voluntarios de Protección Civil e SCD Roxal.

Deja un comentario