Friday 22 de November de 2024

Lema inaugura a súa rotonda cun novo paso de peóns tal e como demandaban os veciños


O alcalde de Cambre visitou hoxe a actuación na intersección da parroquia de Lema

O concello de Cambre e a Deputación dá Coruña acometeron unha importante reforma na intersección do centro da parroquia de Lema, que desde o pasado venres xa conta coa rotonda modificada e o paso de peóns que pedían os veciños. A actuación consistiu en modificar o anterior proxecto da rotonda para dar maior seguridade aos peóns creando beirarrúas e paso peonil para que puidese bordearse con maior seguridade, O anterior proxecto non contaba coas beirarrúas nin o paso de peóns e a rotonda non melloraba a fluidez do tráfico na intersección. O problema da rotonda que levou a cabo a Deputación era o escaso diámetro de xiro para os vehículos pesados. Agora os autobuses poden virar con maior facilidade.
A iniciativa pretende mellorar a seguridade viaria ao complementar a obra realizada con cargo ao Plan de Conservación de 2014 na intersección, entre as estradas CP-1704 e DP-0102, en concreto, entre o punto quilométrico 2,19 e o punto quilométrico 2,34. A Deputación destina unha partida orzamentaria de 22.222,21 euros a un proxecto complementario para a mellora da seguridade viaria nunha intersección en Lema, Cambre. A institución provincial aprobou en outubro en pleno ordinario impulsar o proxecto e incluílo no Plan de Conservación de vías provinciais 2015.