Saturday 21 de March de 2026

O PP esixe a Gelo que, no referente a Cuba, cambie de bando.


Presentará unha iniciativa no próximo Pleno ordinario solicitando unha reacción humanitaria ante a tráxica situación do pobo cubano.

Para o Partido Popular chegou o momento de involucrarse co pobo cubano, deixar de apoiar aos seus opresores e, con iso, abandonar esa imaxe que o alcalde, ao longo dos seus corenta e seis anos de goberno, transmitiu de Oleiros como municipio comunista e prol-Fidel Castro.
“É o momento de estar co pobo cubano e abandonar #o seu #gobernante”, esixe o Partido Popular ao alcalde da localidade.
A través do seu Grupo Municipal presentarán unha moción no próximo Pleno solicitando ao alcalde e, polo tanto, a toda a corporación, que dean un paso á fronte por razóns humanitarias, tendo en conta da situación que vive actualmente o pobo cubano, e apoien a súa iniciativa.
“Só a través do anuncio da vontade de celebrar de inmediato unhas eleccións xerais —e isto é o que imos propoñer ao Pleno— pódese poñer fin a máis de sesenta anos de sufrimento, privacións e falta de liberdades e así contribuír a que o pobo cubano alcance por fin a paz e a prosperidade que tanto merece”.
“O Goberno cubano debe manifestar, o máis axiña posible, un compromiso firme e serio, con vontade de sometelo a todo tipo de garantías e controis nacionais e internacionais, cuxo obxectivo sexa a celebración dunhas eleccións libres nas que o pobo elixa un goberno democrático en Cuba”.
“As autoridades cubanas deben anunciar con carácter urxente a súa intención inequívoca de iniciar o proceso e pedir a colaboración da comunidade internacional para garantir a limpeza do mesmo, demostrando así unha inequívoca boa fe”.

“Alcanzado este compromiso, a propia comunidade internacional debe intervir inmediatamente en Cuba para, por unha banda, evitar unha eventual e cruenta intervención dos Estados Unidos e, por outro, facer fronte á situación de desabastecemento e fame que padece a poboación, acompañando ao país ata a súa estabilización e recuperación”.
“España, dados os vínculos que nos unen á illa, debería encabezala”.
Nesta liña, e debido a que o alcalde, Ángel García Seoane, como é público e notorio, mantivo unha relación estreita desde hai décadas cos representantes do réxime, implicando tamén ao noso municipio, sería un pequeno xesto, pero moi significativo, que lles fixese chegar esta demanda:
O Concello en pleno do Concello de Oleiros pide eleccións democráticas para Cuba.
O Partido Popular considera que García Seoane debe recoñecer aos cubanos a oportunidade de ser eles quen elixa aos seus representantes, do mesmo xeito que aquí García Seoane é elixido.
Da concellería honorífica de Fidel Castro e da estatua do Che xa falaremos.

Deja un comentario