A operación desenvolveuse nas zonas do Couto e da Malata e foi realizada polos axentes de Gardacostas coa colaboración da Policía Autonómica
Axentes do Servizo de Gardacostas en colaboración con axentes da Policía Autonómica realizaron, nas zonas do Couto e da Malata, na ría de Ferrol, un operativo contra o furtivismo que se saldou coa identificación de 26 persoas que mariscaban de xeito ilegal. Os axentes levantáronlle aos identificados as correspondentes actas de infracción.
No operativo os inspectores comisaron 193 quilos de ameixa babosa na zona e incautaron 7 traxes de neopreno, un chaleco, 4 sudadeiras, 3 mochilas, 4 cestas, 6 raspetas, 7 sachos, 10 sacos de rede, 7 caldeiros, 4 bicicletas, 5 pranchas de poriespán e 2 raños.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.