Friday 20 de March de 2026

A XIV Velada de Boxeo Cidade de Ribeira contará con oito combates que se disputarán no 28 de marzo


 As entradas poderán adquirirse no propio día no pavillón de Palmeira

A Concellería de Deportes colabora coa Escuela de Boxeo El Canario na XIV Velada de Boxeo Cidade de Ribeira que terá lugar no sábado, 28 de marzo, a partir das 18.00 horas, no pavillón deportivo Alcalde Torres Colomer, en Palmeira.

O evento componse dun total de oito combates. No profesional enfrontaranse Juan Carlos Areal Alonso e Ayrton Luz; no neoprofesional, Silvia Alonso contra Carla Rodríguez; e nos seis amateur estarán Lucas Crujeiras, Fran Gómez, Juan Antonio Núñez, Mauro Enguix, Victor Verdudo e Marcos Lomba fronte a Yago Fernández, Gabriel Reis, Hugo Martínez, Rubén Pérez, Yago Gutiérrez e Andrés Docampo, respectivamente.

Segundo manifestou o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, esta “é unha proba máis que consolidada en Ribeira e que medra cada ano.
Haberá, ademais, un combate profesional; algo inédito.” Neste senso, o edil enxalzou o dinamismo deportivo do municipio, tanto polo volume de clubs coma de actividades. “É un orgullo que Ribeira siga nutríndose en todo tipo de deportes”, apuntou.

En representación da entidade deportiva, Israel Benítez puxo en valor o traballo da Escuela de Boxeo El Canario, nomeadamente dos seus deportistas Lucas Crujeiras, Fran Gómez, José Antonio Núñez e Mauro Enguix, quen estarán combatendo e participaron tamén no acto de presentación.

A entradas poderán adquirirse a un prezo de 10 euros no propio día no referido pavillón deportivo.

Deja un comentario