Friday 20 de March de 2026

Obradoiro municipal sobre estereotipos de xénero no CEIP San Isidro


O alumnado de terceiro e cuarto do CEIP San Isidro participaba esta mañá no obradoiro sobre estereotipos e roles de xénero, impulsado polo Concello de Neda, no marco da programación do 8M, para avanzar cara a unha igualdade real. A través de distintas dinámicas na aula, a actividade persegue que os nenos e nenas identifiquen roles sexistas e reflexionen sobre modelos masculinos e femininos máis acordes coa sociedade actual. A próxima semana a actividade municipal desenvolverase no CEIP de Maciñeira.

Deja un comentario