A única instalación pública destas características no municipio leva anos con moitas dificultades que lle impiden ofertar un servizo adaptado ás necesidades da veciñanza.
Alternativa insiste en esixir ao goberno municipal que axilice a posta en funcionamento da zona ampliada, unha medida necesaria para mellorar a capacidade do complexo e dar resposta á demanda existente.
A veciñanza queixase de que unha das situacións máis recorrentes cada semana en canto a xestión das clases dirixidas, é que decenas de persoas usuarias se quedan fora das mesmas cada día. Alternativa xa advertira desta problemática e insite en que é necesario establecer un sistema de reserva máis organizado e xusto, que evite que a veciñanza teña que acudir con antelación a instalación para gardar quenda.
Alternativa considera tamén imprescindible actualizar o contrato do servizo, que leva anos nunha situación de precariedade administrativa, para correxir moitos dos problemas e incidencias cotiás que levan anos dando un servizo “suficiente” para a veciñanza.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.