Ao redor de mil trescentos bailaríns competirán entre o sábado e o domingo no pavillón da Xunqueira na Liga Xunta de Galicia de Hip Hop “Galician Dance Tour Fene” e no XIII Trofeo de Baile deportivo – Concello de Fene.
O sábado 21 de marzo desenvolverase en San Valentín a Liga Xunta de Galicia de Hip Hop: “Galician Dance Tour Fene”. Nesta competición inscribíronse 700 participantes, distribuídos en 13 categorías diferentes.
O domingo 22 de marzo terá lugar o “XIII Trofeo de Baile deportivo – Concello de Fene”, que nesta edición será tamén sede do “Circuito Ibérico ICO 2026” (Competición conxunta de España e Portugal) e no que participarán 600 bailaríns e bailarinas nas categorías de bailes caribeños, danza coreográfica, standard, single e latinos.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.