Friday 20 de March de 2026

Xosé Merelles aborda co presidente de Costa da Morte Asociación Turística a coordinación da eclipse do vindeiro agosto


O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co presidente da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e alcalde da Laracha, José Manuel Varela, e coa vicepresidenta da entidade e alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, co obxectivo de coordinar as accións vinculadas á promoción e organización da eclipse que terá lugar o vindeiro mes de agosto. Durante o encontro analizáronse as previsións de afluencia e o impacto turístico dun fenómeno natural extraordinariamente infrecuente, que converterá Galicia nun dos mellores lugares do mundo para a súa observación.

Na xuntanza, Merelles puxo en valor o traballo conxunto entre administracións e entidades para garantir unha planificación eficaz, tanto desde o punto de vista turístico como organizativo, facendo fincapé na necesidade de ofrecer unha experiencia segura e de calidade aos visitantes. Ademais, abordáronse cuestións relacionadas coa coordinación de recursos e a difusión da información vinculada ao evento. Neste sentido, o director de Turismo de Galicia salientou que toda a información actualizada relativa á observación do fenómeno está a disposición da cidadanía na web de Turismo de Galicia.

Deja un comentario