Wednesday 18 de March de 2026

O Concello solicita colaboración cidadá ante roubos de cable no alumeado público


Durante os últimos días producíronse diversos roubos de cable de cobre dos alumeados públicos. Para evitar novos roubos o Concello solicita que os veciños chamen á Policía Local -981610001- en caso de ver algunha persoa actuando nas inmediacións das farolas municipais.

A Policía Local e a Garda Civil xa teñen aberta unha investigación. En calquera caso, a colaboración cidadá resulta imprescindible para detectar aos delincuentes que están a atentar contra o patrimonio público.

Repoñer o cableado sustraído ten un custo importante para as arcas públicas, impedindo o uso deses recursos económicos noutras actuacións previstas. Aínda que o Concello está procedendo a actuar de inmediato, poden producirse problemas na iluminación das rúas debido a estes roubos.

Deja un comentario