Wednesday 18 de March de 2026

Mantemento do centro de saúde: o paga a veciñanza


Alternativa solicitou formalmente ante a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) información concreta sobre o estado do acordo polo que a Xunta de Galicia debería asumir o mantemento íntegro do centro de saúde por parte da.

Desde o grupo instan ao actual goberno a realizar as xestións necesarias para facer cumprir ese acordo e conseguir que a Xunta asuma unha compentencia que lle corresponde.

O mantemento da instalación superaos 40.000 euros anuais, entre gastos de electricidade, calefacción, limpeza, xerador e diversas reparacións, unha contía que está a asumir o Concello de Carral con cargo ás arcas municipais.

Alternativa manifesta que leva anos insistindo neste asunto co obxectivo de evitar un gasto impromio para o Concello e destinar eses recursos a servizos para a veciñanza, como melloras municipais, programas para infancia e maiores ou axudas a familias.

Deja un comentario